Ambientes Persoais de Aprendizaxe
CAMIÑANDO CARA O FUTURO Os Ambientes Persoais de Aprendizaxe, son sistemas que nos permiten tomar o control e a xestión da nosa propia aprendizaxe, e sobre isto cabe destacar, o importante vínculo que existe entre a tecnoloxía e a pedagoxía. En efecto, Este tipo de ferramentas permiten aprender e ao mesmo tempo, estar en contacto coa información, con comunidades virtuais, permiten interaccionar e relacionarse con outras persoas, enriquecerse diariamente, e por suposto, reforzar a capacidade de aprender a aprender. O meu PLE antes de comezar a formación era o seguinte: Ao longo do presente curso, vimos diferentes ferramentas e recursos, algunhas coñecidas e familiares, e outras non tanto, polo que con algunhas puidemos afondar e noutras iniciamos esa aventura, que sen a lugar a dúbidas, foi e seguirá sendo proveitosa para o noso futuro docente. Considero, dende a propia experiencia persoal, que o curso foi moi proveitoso, polo que o meu Ambiente Persoal de Aprendizaxe s...