A Curación de Contidos
A CURACIÓN DE CONTIDOS
Na actualidade, estamos inmersos nun mundo e nunha sociedade que se caracteriza pola gran cantidade de información que temos ao noso alcance, ata o punto de que en ocasións se chega a dicir que sufrimos de "infoxicación".
O certo, é que dispoñemos dunha gran cantidade e variedade de información, pero non toda é valida, senón que de toda esa información que está ao noso alcance, debemos seleccionar aquela realmente útil para compartila por diferentes medios, entre os cales se atopan, por exemplo, as redes sociais.
Emporiso, do que se trata é de informarse e formarse paralelamente, sendo quen de buscar, seleccionar, organizar e empregar esa información cunha finalidade que pode ser, entre outros, suscitar o interese e a motivación dos lectores e lectoras que están a visualizar esa publicación.
Un dos aspectos que debemos ter en conta á hora de seleccionar esa información, é precisamente a súa procedencia, é dicir, a fonte de onde obtemos esa información, así como o autor/a da mesma.
Dada esta gran cantidade de información, faise necesaria a figura do "curador de contidos" ou content curator, unha persoa ou persoas que se encargan de filtrar, analizar e distribuir a información máis adecuada para cada contexto.
En todo caso, para falar dunha curación de contidos de calidade, sería moi conveniente seguir os pasos que a continuación se detallan:
1. Seleccionar a información relevante
2. Filtrar esa información
3. Organizar os datos filtrados
4. Engadir información de valor
5. Difundir o novo contido
6. Medir ou avaliar os resultados obtidos
Ao seguir estes pasos, obtéñense unha serie de vantaxes como pode ser recompilar unha ampla cantidade de información, crear os nosos propios artigos, aprender, facernos visibles nas redes sociais ou outros sitios web, mellorar a nosa identidade dixital, facilitar o Networking, aumentar o número de seguidores, etc.
Emporiso, e co afán de avanzar neste eido, contamos con diversas ferramentas que nos van a permitir levar a cabo esa curación de contidos, entre as cales poderíamos sinalar Feedly, Pocket, Content Gems, Buffer, Alertas de Google, Diigo ou Flipboard, entre outros.
Tendo en conta o anterior, cabe destacar que a curación de contidos non só é importante dende o punto de vista persoal senón tamén dende a perspectiva profesional, e máis, se estamos a falar de profesionais da educación, o cal require, que a información aportada aos nosos alumnos e alumnas sexa de calidade; isto pon de manifesto a necesidade de traballar diariamente na mellora da nosa competencia dixital. É certo que a curación de contidos non comprende unicamente ao profesorado, senón tamén ao alumnado e ao resto da comunidade educativa, por iso resulta vitar esa cooperación e coordinación na curación de contidos, para que o proceso de ensinanza - aprendizaje vaia máis aló, e poidamos falar dunha educación de calidade.
Se vos interesa seguir descubrindo este fantástico mundo, anímovos a visualizar a seguinte información:
Comentarios
Publicar un comentario