Ambientes Persoais de Aprendizaxe

CAMIÑANDO CARA O FUTURO

Os Ambientes Persoais de Aprendizaxe, son sistemas que nos permiten tomar o control e a xestión da nosa propia aprendizaxe, e sobre isto cabe destacar, o importante vínculo que existe entre a tecnoloxía e a pedagoxía. En efecto, Este tipo de ferramentas permiten aprender e ao mesmo tempo, estar en contacto coa información, con comunidades virtuais, permiten interaccionar e relacionarse con outras persoas, enriquecerse diariamente, e por suposto, reforzar a capacidade de aprender a aprender. O meu PLE antes de comezar a formación era o seguinte:


Ao longo do presente curso, vimos diferentes ferramentas e recursos, algunhas coñecidas e familiares, e outras non tanto, polo que con algunhas puidemos afondar e noutras iniciamos esa aventura, que sen a lugar a dúbidas, foi e seguirá sendo proveitosa para o noso futuro docente. Considero, dende a propia experiencia persoal, que o curso foi moi proveitoso, polo que o meu Ambiente Persoal de Aprendizaxe se viu enormemente enriquecido ao longo deste tempo. De todo o aprendido, quédome coa importancia de recoñecer a utilidade dos diferentes recursos, da importancia de formar parte de comunidades virtuais, de xerar traballos colaborativos, de comprobar que as novas tecnoloxías tamén son aplicables nas aulas de Educación Infantil, e de feito, que o seu uso debe xeneralizarse, crendo e confiando, nas potencialidades dos máis cativos e cativas.

Vinculado co anterior atópase o aprendizaxe por proxectos, un método de traballo moi enriquecedor para esta etapa educativa, que se caracteriza por contar coas seguintes fases:

A través do traballo por proxectos na Educación Infantil, é posible empregar moitos dos recursos, ferramentas e aplicacións traballadas ao longo do presente curso, pois por medio desta estratexia metodolóxica é necesario facer choivas de ideas, busca de información, clasificación e gardado desa información, análise de mesma, creación de bancos de recursos, elaboración de presentacións ou paneis explicativos, participación en actividades colaborativas, etc., é dicir, por medio do traballo por proxectos é posible aplicar o aprendido neste curso e enriquecelo co aportado polos propios nenos e nenas. 

As novas tecnoloxías están ao alcance dos nenos e nenas practicamente dende o seu nacemento, e debe ser labor dos docentes, achegar aos menores dende as primeiras idades, ao uso educativo das mesmas, proporcionándolles experiencias que constitúan unha aprendizaxe para a vida, e que lles permitan, en definitiva, gañar en conciencia crítica, en autonomía, na capacidade de reflexión, etc. 


Lonxe de ver dificultades, debemos ver a importancia de usar as TIC na aula non como apoio á labor docente senón como eixe vertebral da mesma. Vinculado con isto, achégovos os seguintes enlaces por se son do voso interese:

La riqueza de las TIC en el aula de infantil
La importancia de las TICs en Educación Infantil
El placer de usar las TIC en el aula de infantil
Claves para trabajar por proyectos y no morir en el intento
Trabajo por proyectos

Comentarios

Entradas populares de este blog

Ambiente de Aprendizaje en el aula de Educación Infantil

Presentación del blog